RP inversa nº 1, con Emilio González

Sexa benvido á primeira edición de Rolda de prensa inversa, un espazo co que queremos coñecer dun xeito sucinto e ó toque a todos aqueles profesionais que ocupan a súa vida laboral cubrindo ó CD Lugo. O protagonista do artigo inaugural é un clásico do xornalismo lucense. Falamos de Emilio Gónzález, quen se define así a través da súa conta de Twitter:

Xornalista deportivo. 32 años de profesion. R.Galega (Galicia en Goles). A Xogada; La Voz, El Progreso; SER Lugo; Ondas Galicia, Telelugo.

RP INVERSA EMILIO

• Nome: Emilo González.

• Medio: Radio Galega e AXogada.com.

• Un momento para lembrar a historia do CD Lugo

Tres. O ascenso ó grupo único de Segunda B en Palma; o ascenso ante o Sant Andreu no Anxo Carro a Segunda, e o ascenso do Carranza tamén a División de Prata.

• Cal é a túa primeira lembranza albivermella?

Un Lugo 0-0 entre o Lugo e o Langreo na valle terceira no vello Anxo Carro.

• Dende cando cubres ó club?

Dende outubro de 1982.

Que ten cambiado dende entón?

Todo. Dende os campos, a preparación física, a táctica, os adestramentos, os viaxes, a tecnoloxía…

Que é o mellor do Lugo?

Actualmente a súa estabilidade institucional, ademais da categoría na que milita, claro.

En que aspectos pode mellorar a entidade?

Intenta medrar aínda. O desexable sería un local social no centro ou un futuro campo de adestramento no Ceao. Tamén pode mellorar no apartado das redes sociais, pero en definitiva, todo é susceptible de mellorar. Pasiño a pasiño.

• Socio, seguidor, simpatizante, accionista, todo ou nada?

Ex socio e actual accionista do meu equipo. O meu deporte é o fútbol e o meu equipo é o Lugo.

Que xogador marcará as diferenzas -para ben- nesta temporada?

A priori, Pelayo ou David López.

• Que non dará a talla?

Difícil de prever.

• Ascenso directo, promoción, zona tranquila ou descenso?

Zona tranquila.

• Atréveste cun posto na clasificación a final de tempada?

Cun mes máis de competición si me atrevería.

Deja un comentario